Escoitar

Avanza a contratación das ramplas mecánicas da Gran Vía

Finalizou o prazo de presentación de ofertas para executar o proxecto, que abranguerá case medio quilómetro entre as rúas Xirona e Tarragona, coa previsión de iniciar as obras a principios de 2027.

xoves, 19 nov 2026

Este xoves pechouse o prazo de presentación de ofertas para as obras de rehabilitación e transformación da contorna urbana da Gran Vía, vencelladas ao Plan de Actuación Integrada do Concello de Vigo. As actuacións de mellora comprenden a instalación de 7 ramplas mecánicas de entre 33 e 46 metros, que se situarán no bulevar central.

O importe de licitación é de 9.142.652, 93 euros, dos cales, 8.700.000 euros proceden de subvencións do Goberno central a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDR). Unha vez remate o período de contratación, o proxecto establece un prazo de execución de doce meses, estimando o seu inicio en xaneiro de 2027. 

Estas actuacións mellorarán a accesibilidade e a mobilidade comercial da zona, mentres que se respecta e se reforza a vexetación e as árbores existentes.

PIA Ofimático

O Goberno municipal, a través da área de Urbanismo, mantivo un encontro este xoves coa veciñanza Lavadores afectada polo Proxecto de Interese Autonómico, PIA, do Ofimático a quen lle trasladou a necesidade de pactar compensacións xustas e axeitadas entre a Xunta e os afectados polas expropiacións e que se garanta o realoxamento das familias. 

Descargar todas as imaxes