Escoitar

Vigo abre o proceso para seleccionar os concertos de Castrelos de 2027

O Concello iniciou o expediente para abrir a convocatoria pública destinada a seleccionar os espectáculos artísticos que integrarán a programación do Auditorio de Castrelos durante o verán de 2027. Publicarase oficialmente no perfil do contratante do Concello de Vigo, aloxado na Plataforma de Contratos do Sector Público.

luns, 16 nov 2026

Os artistas, promotores e representantes de espectáculos que desexen actuar en Castrelos poden enviar a súa proposta ao Concello. A convocatoria pública realizarase en réxime de concorrencia competitiva.

O proceso garante a posibilidade de realizar reservas a prezos populares na platea do auditorio e a gratuidade nas bancadas.

 

Descargar todas as imaxes