Escoitar

Cotogrande converterase nun xigantesco parque infantil

A Concellería de Festas e Animación Sociocultural programa para os días 2, 3 e 4 de xaneiro as actividades do Parque Infantil de Nadal no recinto feiral de Cotogrande dentro de Vigolandia.

martes, 30 dec 2003
O gran parque infantil se manterá aberto entre o día 2 en horario de 16 a 21 horas e os días 3 e 4 de 10 a 21 horas. O prezo da entrada e de 2 € e a recaudación será a beneficio dos centros San Rafael e San Francisco.

Entre as actividades destacan diversos xogos de inverno, como carreiras de sacos, de tres pés e tiros de corda. Tamén se realizarán diversos obradoiros familiares de baile e animación musical. nos que os nenos e nenas poden aprender a facer pequenos regalos, adornos e postais de Nadal. Como en outros parques de atraccións, haberá aparellos como inchables, lanzadeira, lanzamento de precisión, chutómetro, futvolei , fútbol 3, rocódromo, high jumping .

O programa inclúe a actuación en directo "a loca motora" contacontos (día 2); "un día con coche" con pablo nojes (día 3); "titiricircus" con tanxarina (día 3); "popín e o mago midas" (día 4); "a bandiña de popín" (día 4). Tódolos días estará presente o carteiro real.