Escoitar

Abel Caballero sinala a “extraordinaria” ocupación hoteleira na ponte de decembro

A media de ocupación alcanzará o 94%. Durante o mes de novembro a cidade rexistrou unha ocupación superior o 62%, “o mellor novembro turístico de Vigo” co acendido do alumeado “unha semana despois que en 2022”.

xoves, 7 dec 2023

Abel Caballero fixo fincapé esta mañá, no “extraordinario” dato de ocupación hoteleira que vai rexistrar a cidade nos vindeiros días, chegando o 94% de ocupación media.

O rexedor tamén trasladou os datos do mes de novembro, no que, a pesar de ter “unha semana menos de luces de Nadal”, a ocupación chegou o 62%, elevándose por enriba do 59,54% establecido o ano pasado. O rexedor sinalou que a afluencia turística, “xera miles de empregos” polo que “a todo o mundo en España gustaríalle ser Vigo”.

Descargar todas as imaxes