Treixadura actuará na Porta do Sol
O grupo folk actuará este xoves 6 de xullo ás 21 horas no Porta do Sol. O concerto súmase á programación de Vigo en Festas e as actividades culturais que se están a desenvolver na praza de Vigo.
O xoves ás 21 horas o grupo folk Treixadura actuará na Porta do Sol. Abel Caballero deu conta desta nova programación na relación de actividades enmarcadas no Vigo en Festas 2023. O concerto de Treixadura, de balde, está enmarcado na súa xira “Camiño longo 2023”, no que o grupo presenta o seu disco número 30 e coa que xa ofreceron 40 concertos ao redor de Galicia.
Treixadura é un grupo nacido en 1990, unha das máis afamadas formacións de música folk galega. A súa música percorreu toda España e outros países durante os 33 anos da súa traxectoria.