Abel Caballero: “Estamos nuns niveis de afluencia turística superlativos”
Esta fin de semana prevese na cidade unha ocupación total das prazas hoteleiras.

Vigo estará ao completo de ocupación hoteleira durante esta fin de semana, que coa chegada de O Marisquiño reforza as cifras de récord que acadou a cidade durante o mes de xullo. O alcalde declarou que “conseguimos colocar a Vigo entre as grandes rutas turísticas do mundo, sen ningunha publicidade da Xunta”.
Este festival é un referente da cultura urbana, provocando que se acheguen a cidade milleiros de visitantes nacionais e internacionais. Nesta edición volverán a gozar coa celebración de grandes eventos deportivos e musicais, como o concerto de Hijos de la Ruina e Wöyza, que ateigou o auditorio de Castrelos.


