A sala de control da mobilidade do Concello, única en España con certificación media no Esquema Nacional de Seguridade
O consistorio vigués vén de conseguir esta acreditación para a súa sala de control do tráfico e a mobilidade, converténdose no único servizo deste tipo en toda España que conta con ela, segundo afirmou este luns Abel Caballero. Vigo ten elementos de protección contra o pirateo, por exemplo, do sistema semafórico da cidade.

A sala de control da mobilidade do Concello, emprazada na planta baixa da casa consistorial viguesa, acadou a certificación de nivel medio no Esquema Nacional de Seguridade, único servizo de similares características no Estado que dispón deste grao de acreditación.
Segundo explicou Caballero, o Esquema Nacional de Seguridade establece medidas para evitar riscos provenientes de accións “malintencionadas ou ilícitas”, particularmente ciberamenazas, erros ou accidentes na seguridade de sistemas, datos e comunicacións. Vigo goza de técnicas de seguridade que protexen a información que se manexa e os servizos que se presta desde a sala.
Dispor destes elementos evita, por exemplo, sufrir un pirateo do sistema semafórico municipal, o que significaría graves problemas de circulación polas rúas vigueses e incluso un alto risco de accidentes.