Escoitar

O alcalde reclama á Xunta máis fondos para mellorar o saneamento de Teis

O rexedor cualificou esta mañá de insuficiente o convenio coa Xunta polo que esta achega un millón de euros -procedentes de fondos FEDER - para actuacións de saneamento en Teis. Caballero lembrou que a proposta municipal incluía dous millóns máis -un por cada administración -o que permitiría asumir todas as necesidades de saneamento do barrio.

mércores, 13 out 2021

Abel Caballero reclamou de novo esta mañá máis inversión para o saneamento de Teis lembrando a solicitude que lle realizaron á Xunta de achegar dous millóns máis -un por cada administración – para acometer todas as actuacións necesarias no barrio. O alcalde aludiu a infrutuosa proposta que o Concello lle plantexou á Xunta hai dous anos nunha rolda de prensa na que deu conta do estado de tramitación do convenio que Xunta e Concello asinaron en outubro de 2020 polo que a administración autonómica achegaba un millón de euros de fondos FEDER para actuar no entorno de Baixada a Ríos e nun tramo do colector da marxe do río Paraixal.

Tal e como explicou, o acordo establecía, entre outras obrigas para o Concello, a posta a disposición dos terreos ao tempo que tiña que solicitar os pertinentes permisos doutras sete administracións. Precisamente, puntualizou, seguimos esperando os informes dos organismos autonómicos de Urbanismo e Dominio Público Hidráulico de Augas sen os que non pode avanzar o proxecto.

 

Descargar todas as imaxes