Escoitar

O goberno de Vigo abre o prazo para solicitar as axudas de mobilidade do bonotaxi

Segundo informou o alcalde, desde este venres ata o 27 de abril, os interesados poden presentar a súa candidatura á convocatoria, dotada de 25.000 euros para facilitar os desprazamentos en taxi das persoas cunha mobilidade reducida que lles impide utilizar o transporte público colectivo.

venres, 9 abr 2021

O obxectivo municipal deste programa é facilitar o desprazamento en taxi a aquelas persoas que teñen a mobilidade “limitada”, explicou Caballero, e non poden empregar o autobús urbano. Para eles, o Concello dispón dunha partida de 25.000 euros a conceder a persoas empadroadas na cidade, sen vehículo propio e cunha discapacidade recoñecida.

As candidaturas poden ser presentadas no Concello de Vigo desde este mesmo venres ata o próximo 27 de abril. O rexedor valorou que os beneficiarios da iniciativa municipal do bonotaxi gañan en autonomía para socializar ou realizar as súas xestións.