Vigo comeza este mércores a instalación do alumeado de Nadal
Anunciouno este martes Abel Caballero, quen explicou que arranca algo antes que en anos anteriores porque a montaxe requirirá duns vinte días máis de traballo para cumprir cos protocolos de seguridade polo Covid-19.

“Mañá (mércores) arrancamos coa montaxe das luces e a decoración do Nadal de Vigo”. Con estas verbas avanzou o alcalde o inicio da instalación do alumeado vigués, traballos que este ano prolongaranse unhas tres semanas máis por mor dos protocolos a seguir contra o coronavirus.
Explicou Caballero que a empresa contratada ao efecto xa acomete traballo previo na súa nave e tamén no exterior, por exemplo nos anclaxes para asegurar o cableado sobre o que se sosterán os adornos do Nadal. Para coñecer máis datos da nova campaña, o alcalde emprazou á presentación que terá lugar este mércores, máis xa adiantou que haberá algunha rúa nova con respecto ao pasado ano.