Escoitar

O Concello modifica o tráfico en Vía Norte para a conexión da rúa co Centro Vialia

As obras para instalar as vigas que conectará o Centro Vialia con Vía Norte obrigan ao Concello a reorganizar o tráfico na rúa durante o vindeiro mes. O tramo de Vía Norte entre Escultor Gregorio Fernández e Urzaiz queda cortado para permitir o paso das pezas e o resto convértese en dobre sentido.

mércores, 15 xul 2020
O alcalde, en rolda de prensa.
O alcalde, en rolda de prensa.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este mércores dos cambios de tráfico que se levarán a cabo durante o vindeiro mes debido ás obras da Centro Vialia que acollerá a Estación do AVE proxectada polo arquitecto Thom Mayne. Así, o rexedor indicou que para a montaxe das vigas entre o forxado do edificio de Vialia e a rúa Vía Norte, todo prefabricado de grandes dimensións, estará pechada ao tráfico Vía Norte, entre Escultor Gregorio Fernández e Urzaiz, con acceso exclusivo para garaxes, servizo público e carga e descarga, desde o 20 de xullo (10:00 horas) e por un período aproximado dun mes.

Mentres dure o peche haberá dobre sentido en Vía Norte, entre Escultor Gregorio Fernández e Párroco José Otero, desvíos sinalizados polas rúas Travesía de Vigo e Urzaiz, e o á rúa Vázquez Varela por Travesía de Vigo, Pizarro e Brasil. Os usuarios e residentes se desviarán por Párroco José Otero e Canadelo Alto.

“As obras van a moi bo ritmo e está previsto que a apertura da estación sexa na próxima primavera”, sinalou o alcalde antes de apuntar a dotación coa que contará a parte superior do edificio. “Será un lugar de ocio gratuíto na cidade, un novo gran parque cun tamaño de tres campos de fútbo", explicou.

A Estación Vialia porá a disposición dos vigueses unha humanización de 23.000 metros cadrados con diferentes espazos para deporte, como diferentes canchas deportivas, desde canastras de 3x3 e unha mini pista de fútbol para adultos, así como mesas de teqball e unha área deportiva destinada aos máis pequenos.

Ademais, na área de entrada haberá vexetación nativa con arbustos, un perímetro de xardín de arte, unha área canina que inclúe un circuíto de axilidade e unha tirolina urbana. Tamén unha área de baloncesto, outra de skate, con instalacións deportivas como equipos de ximnasia, un parque de patinaxe e un halfpipe.

Descargar todas as imaxes