O Concello adica 125.000 euros á formación e emprego de trece vítimas de violencia machista
O alcalde reuniuse este mércores con elas para "darlles unha aperta no nome da cidade". O programa municipal ofrece formación e un contrato laboral dun ano a trece mulleres. Á loita contra a violencia machista, o Concello de Vigo adica preto dun millón de euros cada ano, recordou Abel Caballero.
O alcalde recibiu este mércores ás trece mulleres vítimas de violencia de xénero que toman parte neste programa municipal de inserción laboral, que ofrece formación e un contrato de traballo dun ano. Abel Caballero informou que a iniciativa ten un orzamento de 125.000 euros e comprometeu que "continuará en tanto eu sexa alcalde e, se podemos, aumentará".
O rexedor vigués apuntou que un programa de similares características se viña facendo ata 2013 cofinanciado pola Xunta de Galicia, a través de fondos europeos, e cunha achega directa municipal. Desde aquel ano a Xunta retirou esta convocatoria e agora o Concello o custea integramente.
O Concello de Vigo adica preto dun millón de euros á loita contra a violencia machista, segundo os datos ofrecidos polo alcalde este mércores. Vigo conta cunha sección específica da Policía Local ao efecto -formada por 16 axentes- e destina 266.000 euros ao centro de emerxencia para mulleres procedentes de toda Galicia, adica outros 157.000 euros a pisos de acollida, 53.000 euros a axudas directas, 153.000 euros á atención á infancia, 13.000 euros para campañas contra a violencia de xénero e case que 60.000 euros para a Rede veciñal contra os malos tratos.