O ciclo de conferencias "Falemos das Cíes" aborda mañá os usos sostibles nas illas
O relatorio correrá a cargo de Fran Saborido, actual director do Instituto de Investigacións Mariñas, e Miguel Planas, científico titular del CSIC. Enmarcada dentro do ciclo de conferencias "Falamos das Illas Cíes", a charla terá lugar mañá 3 de outubro, no gastrobar de O Berbés.
A terceira sesión do ciclo de conferencias "Falamos das Illas Cíes", enmarcada dentro do programa de divulgación científica da Candidatura Illas Cíes Patrimonio da Humanidade impulsada polo Concello, terá lugar este mércores 3 de outubro.
Tras o éxito das primeiras sesións "Ciencia e cinema: Mergúllate nos fondos mariños das Illas Cíes" e "Flora insular e interaccións humanas", celebradas en xullo e setembro respectivamente, cun aforo completo en ambos casos. Nesta ocasión, continúa a programación coa conferencia "Usos sostibles nas illas Cíes" que se celebrará no mercado gastrobar de O Berbés, ás 20,30 h.
A sesión estará dirixida polos investigadores Francisco Saborido, director do Instituto de Investigacións Mariñas do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), especialista en ecoloxía pesqueira de especies explotadas, e Miquel Planas, científico titular do mesmo centro (CSIC), xefe do Grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria e especialista no estudo e recuperación das poboacións salvaxes de cabalos de mar e peixes pipa.
As Illas Cíes forman parte dun entorno cunha enorme produtividade mariña que, ademais, constitúe un paraíso da diversidade mariña. Estas condicións permitiron o histórico desenvolvemento dunha flota artesanal pesqueira e marisqueira cunha actividade centrada maioritariamente en especies como o polbo ou a navalla. Pero ademais das especies mariñas produtivas existen especies de indubidable valor como iconas da nosa biodiversidade, como os cabalos de mar ou os peixes pipa.
O tema central da conferencia será a busca do equilibrio entre a actividade económica e a rica biodiversidade mariña que atopamos nas Illas Cíes.
Especies
Nas Cíes atópanse as dúas únicas especies de cabalos de mar presentes nas costas europeas, Hippocampus guttulatus e Hippocampus hippocampus, especies ameazadas que están protexidas na lexislación de diversos países europeos debido á súa vulnerabilidade e á regresión das súas poboacións silvestres.
Ademais dos cabalos de mar tamén se rexistraron en Cíes dúas especies de peixe pipa, con 35 exemplares da especie Syngnathus acus e un exemplar de Entelurus aequoreus. As investigacións realizadas nas Cíes parecen indicar que estas illas son ademais un área potencial de reprodución e cría destas especies.
A sesión tratará sobre a importancia de asegurar a conservación destas especies, teñan ou non valor comercial, e a necesidade de reorganizar as actividades humanas, establecendo áreas de reserva integral que aseguren as condicións de singularidade ecolóxica das illas Cíes.
O ciclo de conferencias divulgativas organizado polo Concello continuará ata finais de ano. Ao longo dese tempo se seguirán tratando temas de interese sobre as Illas Cíes como a historia, a xeoloxía, procesos, etc... que serán obxecto de estudo e traballo por parte dos comités de candidatura das Illas Cíes Patrimonio da Humanidade. O Concello pretende dar a coñecer á cidadanía o traballo realizado por estes comités en todo este proceso de candidatura.
Descargar todas as imaxes