O Concello instala 23 proxectores de luz nas pistas e na zona de skate de Barreiro

A nova iluminación das zona deportiva de Barreiro xa está en funcionamento, cun horario se inicia co alumeado público e que vai ata as 23,00 horas para evitar molestias de ruídos nocturnos aos veciños da zona. O rexedor explicou que, cun investimento de 5.000 euros, instaláronse 23 proxectores.

luns, 30 dec 2013
1388411934barreiro.JPG
O alcalde de Vigo visitou hoxe a zona deportiva de Barreiro onde hoxe luns empeza a funcionar o novo alumeado na pista polivalente e na zona de skate. Acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva, Caballero comprobou a instalación de 23 proxectores del luz que empezarán a funcionar co alumeado público e rematarán ás 23,00 horas para que a actividade deportiva sexa compatible co descanso. Cun investimento de 5.000 euros, esta iniciativa responde a "unha gran demanda" dunha área na que xa funcionan o complexo Máis que auga, pistas de pádel e de squash, lembrou o rexedor.
Descargar todas as imaxes