Escoitar

O Concello renova o material da Policía local

luns, 10 xuñ 2002
O Goberno municipal vai seguir co proceso emprendido o pasado ano de modernización dos medios materiais cos que conta a Policía local. No exercicio anterior investíronse preto de 200.000 euros na adquisicións de coches patrulla, motocicletas e armas. Hoxe, a Comisión de Goberno comezou os trámites para continuar co proceso de renovación dos medios materiais do corpo.

En primeiro lugar acordouse a adquisición dunha partida de 58 cascos homologados para os axentes da policía local. Por eles vanse pagar 29.750 euros. Ademais, decidiuse principiar o procedemento para mercar tres novos coches patrulla completamente equipados e 3 motos de 500 centímetros cúbicos con motor de catro tempos. Para esta compra se destinan preto de 100.000 euros.


Vehículos abandonados destinados a ferralla

A Comisión de Goberno adxudicou á empresa Autodesguaces Vigo S.L. 82 vehículos abandonados que se encontran no depósito municipal. Estes coches e motos terán que ser destinados a ferralla e o Concello percibirá por eles 8,12 ptas kilo.

A empresa adxudicataria ten un prazo de dez días para retirar do depósito todos estes vehículos. Desa maneira conseguirase gañar espacio nunha instalación que estaba ao limite da saturación debido á gran cantidade de coches e motos que alberga abandonados ou ben procedentes de requisas xudiciais. A poxa dos vehículos puidose realizar despois de rematado un procedemento dirixido a localizar os seus propietarios. Tamén se mantén unha liña de colaboración co decanato dos xulgados de Vigo para que os coches intervidos por orde xudicial non permanezan por tempo indefinido no depósito municipal.