venres, 5 mai 2023
O alcalde felicitou esta mañá á aerolínea Binter na celebración do quinto aniversario da súa conexión entre Vigo e Canarias. “Desde o principio pareceunos moi importante que Binter elixise Vigo como primeiro destino nacional fose das illas e realmente foi a crónica dun éxito anunciado”, asegurou o rexedor.
venres, 5 mai 2023
O alcalde recibiu este venres á organización do encontro que organiza, un ano máis, a Asociación deportiva Zanshin coa colaboración do Concello e que reunirá a unha destacada representación desde deporte na cidade. Esta trixésimo sexta edición celébrase mañá sábado, 6 de maio, no Pavillón municipal de Quirós.
venres, 5 mai 2023
Este venres, 5 de maio, o Concello iluminará de azul e púrpura as fontes de Aragón e a pérgola da Praza de América sumándose á campaña #LightItUp4HD de ámbito mundial para concienciar sobre a Enfermidade de Huntington, que afecta a máis de 4.000 persoas en España. A noite do 6 de maio, as luces das Fontes de Aragón iluminaranse de amarelo para sensibilizar á cidadanía sobre a Osteoxénese Imperfecta, a enfermidade do ósos de cristal, que celebra o seu día mundial baixo o lema "Os abrazos non fracturan"