Escoitar

Vigo lucirá 12 bandeiras azuis nas praias este verán

A Asociación de educación ambiental e do consumidor (ADEAC) vén de facer públicos os recoñecementos á calidade de doce areais do litoral da cidade, que se suman aos catro sendeiros azuis xa aprobados.

xoves, 4 mai 2023
Imaxe de arquivo do alcalde no izado da bandeira branca na Vía Verde
Imaxe de arquivo do alcalde no izado da bandeira branca na Vía Verde

O alcalde informou este xoves da comunicación por parte da ADEAC dos 16 recoñecementos para a cidade: 12 bandeiras azuis e catro sendeiros azuis.

Este verán a bandeira azul lucirá na praia do Adro en Bouzas, que se incorpora aos areais que renovan o seu recoñecemento: A Punta, Carril, Santa Baia, Tombo do Gato- La Fuente, Argazada, Samil, Fontaíña, O Vao, Canido, Fortiñón e en Rodas, nas Illas Cíes.

Ademais a asociación recoñece a calidade de catro sendeiros azuis: a Vía Verde de Vigo, que transcorre pola antiga liña de ferrocarril á cidade, e que se suma este ano aos tres xa recoñecidos anteriormente: “Camiño a Beiramar”, que discorre por tres tramos do río Lagares; a Senda entre Faros nas Illas Cíes que parte da praia de Rodas e bifúrcase chegando ao faro da illa de Monteagudo e ata o faro de Montefaro; e a Senda Litoral e do Monte da Guía en Teis, que transcorre polo monte, a praia da Punta e a Etea.

 

Descargar todas as imaxes