Vigo xa está preparado para abrir este sábado as "mellores festas do Nadal de España"
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu conta este venres de toda a programación de Nadal que organiza o Concello. Este sábado, ás 20:30 horas, procederase ao acendido do alumeado cun acto na Porta do Sol. Ademais, desde o mediodía reabre ao tráfico a Gran Vía e paran as obras con motivo do Nadal.