O mal tempo obriga a aprazar ata o 27 de novembro a inauguración da noria
O Concello posporá ata o próximo mércores 27 de novembro a inauguración da noria e do mercadiño de Nadal, instalados na Alameda. O mal tempo impide abrir ao público estas instalacións mañá domingo, tal e como estaba previsto nun principio.