martes, 16 abril 2019

A Alcaldía ábrese ao realismo pictórico de Fernanda Fernández

martes, 16 abr 2019

O alcalde inaugurou unha nova edición de MostrArte, iniciativa municipal que leva ás dependencias da Alcaldía o traballo de creadores vigueses ou relacionados con Vigo. Desde este martes, a técnica realista de Fernanda Fernández amosa, entre outras obras, paisaxes da cidade perfectamente identificables.