xoves, 28 agosto 2014

O alcalde garante cooperación coa organización das festas de San Lorenzo de Coruxo

xoves, 28 ago 2014

O alcalde mantivo esta mañá un encontro cos responsables da comisión de festas de San Lorenzo de Coruxo aos efectos de planificar a cooperación nas festas de verán e de inverno que se organizan no Coto de San Lorenzo "un dos paisaxes máis bonitos de Vigo". Logo da reunión, o rexedor asegurou que o Concello comparte con este colectivo o seu prantexamento lúdico festivo. <br />