mércores, 23 xullo 2014

Caballero anuncia novas humanizacións por valor de 1,3 millóns de euros

O primeiro edil visitou este mércores as traballos de reforma da última fase da humanización da rúa Brasil, para un investimento total de 2,1 millóns de euros. Abel Caballero informou da aprobación en Xunta de Goberno Local de obras en Alonso Ojeda, Severino Cobas, no Camiño Gándara e nos accesos ao pavillón de Coruxo, na rúa Toledo, Baixada a Ríos e Doutor Corbal, en Coutadas e en Doutor Canoa, por valor de 1,3 millóns.

O goberno local contrata a reforma dos campos de Travesas e Samil e a construción dun novo na ETEA

mércores, 23 xul 2014

O rexedor informou este martes da aprobación dos expedientes de contratación de obras de mellora nos campos de fútbol das Travesas e de Samil, ademais dos da construción dun máis nas instalacións da antiga ETEA, en Teis. Caballero anunciou tamén o arranxo dos vestiarios do campo da Guía. O investimento municipal nestas catro accións en materia deportiva de base ascende a case un millón de euros.

A Festa da Cultura enche a Porta do Sol de teatro, baile e música para todos os públicos

mércores, 23 xul 2014

O concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, e o presidente da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais, Roberto Giráldez, presentaron este mércores a terceira edición desta cita. Os obradoiros para nenos súmanse ás máis de 25 actuacións de baile e música previstas, co colofón dos concertos de grupos nacionais e internacionais os días 24, 25 e 26 de xullo.

Concerto da Coral Casablanca en Castrelos

mércores, 23 xul 2014

A Coral Casablanca e Orquestra ofrecerá un concerto o xoves día 24 ás 23:00 horas no auditorio de Castrelos con entrada libre ata completar aforo. O concerto titulado "Cruzando Pontes" forma parte do programa de "Vigo en Festas 2014"