venres, 15 xan 2010
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, manifestou este venres a súa satisfacción pola boa marcha das obras de construción da nova residencia e centro de día da asociación Apamp que se están acometendo en Navia. No encontro que o tenente de alcalde e a concelleira de Benestar María Méndez mantiveron coa directora de Apamp Conchi Somoza e o seu presidente Daniel Varela, o nacionalista afirmou que a visita amosa o apoio das áreas da Tenencia de Alcaldía as entidades que traballan coas persoas con discapacidade.
venres, 15 xan 2010
O concelleiro de Deportes de Vigo, Xabier Alonso, recibiu hoxe no seu despacho á windsurfista viguesa Lara Lagoa, que se acaba de clasificase para a primeira edición dos Xogos Olímpicos da Mocidade, en Singapur no vindeiro mes de agosto. A proeza da deportista, bolseira pola Fundación VIDE en 2009 e que compite co Náutico de Cangas, xestouse no Campionato de Europa da clase techno, en Cádiz, do 29 de decembro ao 5 de xaneiro pasados. "Non pensaba clasificarme nin de broma porque ían só catro países representando a Europa", confesoulle ao concelleiro nacionalista. Pero rematou sexta e, como por diante había catro de dous países, España obtivo o cuarto lugar que daba billete para os Xogos.
venres, 15 xan 2010
Espacio Atlántico abriu a súas portas o xoves pola tarde nas instalacións do Instituto Feiral (IFEVI), donde concurre todo o fin de semana unha nutrida representación de galeristas que converten a Vigo en referente da arte contemporánea, en especial de pintura, fotografía e escultura, aínda que tamén se poden apreciar vídeo e o traballo en vivo dun artista vigués. A todos eles engádese Leopoldo Nóvoa, a quen nesta edición se lle fai unha homenaxe con presenza incluida da súa obra.