martes, 20 febreiro 2007

O Concello inicia os traballos nas praias

O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Figueroa e os técnicos municipais do Órgano Xestor de Praias realizaron está mañá unha visita polos diferentes areais para avaliar os traballos que se terán que realizar de cara a Semana Santa se a meteoroloxía é favorable e cara o verán.

Reconstrución do chalet Agarimo en Beade

martes, 20 feb 2007

A alcaldesa de Vigo puxo hoxe a primeira pedra coa que se inicia a obra de reconstrución do Chalé Agarimo na parroquia de Beade, un equipamiento antes situado na rúa Pi e Margall e que, cando finalice a súa reconstrución albergará unha Escola Infantil, a Escola de Música e un Cendro de Día.

Último día do Entroido

martes, 20 feb 2007

O Entroido chega ao seu fin mañá mércores, día 21, co desfile do enterro do Meco, que terá lugar a partir das 19:30 horas , no que a comitiva de comparsas acompañará ao cadaleito polas rúas García Barbón, Policarpo Sanz e Porta do Sol.