xoves, 16 novembro 2006

O luns remata o prazo para os cursos de "Vivir en parella é cousa de 2"

xoves, 16 nov 2006

A concelleira da Muller, Lucía Molares, presentou os cursos de carácter gratuíto, dentro da campaña "Vivir en parella é cousa de 2", que se desenvolve no marco do "III Plan municipal de Igualdade de Oportunidades das mulleres e homes do Concello de Vigo 2005-2007". Os cursos celebraranse durante os meses de novembro, decembro e xaneiro.

Musicalia na Sala A!

xoves, 16 nov 2006

O venres, 17 de novembro, a partires das 22:30 h. na SalaA! (Avda. Beiramar, 113) actuación en directo dos grupos EVERGLADES, MAS e KOGITO, finalistas do concurso MusicaliA 2006 da Concellería de Xuventude de Vigo.