martes, 24 xan 2006
O Salón da Franquicia do Noroeste, FranquiAtlántico, abre as súas portas o próximo venres 27 no IFEVI para dar a coñecer as novas modalidades de negocio que se implantarán nas cidades de Galicia e do Norte de Portugal durante 2006. A feira desenvolverase ao mesmo tempo que o Salón do Emprendedor e numerosas actividades paralelas.
martes, 24 xan 2006
A alcaldesa, Corina Porro, entrevistouse hoxe luns na Casa do Concello coa cónsul de Portugal en Vigo, Maria Regina Flor de Almeida, para tratar da próxima visita que o embaixador luso, José Filipe Morais, fará á nosa cidade.
martes, 24 xan 2006
O 30 de xaneiro remata o prazo de inscrición do programa formativo en Cestería Tradicional de Galicia de A Casa do Cesteiro. Os cursos que se realizarán son de cestría de vimbio pelado, de colmo, de madeira fendida e de vimbio con pel.
martes, 24 xan 2006
Unha nova concentración silenciosa na praza do Rei recordou hoxe martes o goteo de mortes que a violencia de xénero produce en España, onde no que vai de ano sete mulleres foron asasinadas polas súas parellas ou ex parellas.