mércores, 23 marzo 2005

O Concello e Vitrasa reforzan o servizo de autobús urbano con dúas novas liñas

mércores, 23 mar 2005

Dúas novas liñas de Vitrasa entrarán en servizo o vindeiro 29 de marzo para substituír a actual C16. Ademais, a liña ata a Estación de Autobuses ampliarase e a Circular 2ª e a C9B serán modificadas. Outra das remodelacións afectará ao autobús nocturno, que pasará a circular con dúas liñas entre Samil e o centro cunha frecuencia de trinta minutos.

Xunta de Goberno Local

mércores, 23 mar 2005

Convócase á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 29 de marzo de 2005, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.