O alcalde transmítelle o apoio do Concello á directiva do Vigourbán
O alcalde, Abel Caballero, transmitiulle este venres á directiva do equipo de baloncesto feminino Celta Vigourbán o apoio do Concello "ao mantemento da súa economía e do seu proxecto deportivo", no marco dunha política "certamente ambiciosa" para promocionar a todos os equipos vigueses que forman parte de divisións significativas.
Caballero afirmou que o apoio institucional do Concello debe estenderse a todos os equipos importantes independetemente da súa categoría e da modalidade que practiquen. Neste sentido, o alcalde ofreceu a súa axuda ao Celta Vigourbán para que "recabe o apoio económico das empresas da área de Vigo" en materia de "esponsorización e financiamento". Isto viría complementar a achega municipal de 100.000 euros que recibe actualmente este equipo.
Segundo explicou Caballero, a axuda do Concello constitúe "unha das patas" sobre as que debe descansar o proxecto deportivo que se ten que desenvolver "nos próximos anos", conxuntamente co apoio das empresas e dos propios afeccionados.
Descargar todas as imaxes