Aprobada a mellora da accesibilidade ambiental do areal do Carril
A Xunta de Goberno local aprobou este luns o proxecto de mellora ambiental da accesibilidade do areal do Carril (Alcabre), cun importe de 139.000 euros para a contratación da obra.
Ademais, a Xunta de Goberno deu o seu visto bo á contratación dunha actuación a cargo de Dominique Visse & Le Nuove Musiche e do espectáculo "Orfeo e Eurídice", da compañía La Mar de Marionetas, para o Festival de Música Are-More 2007.
A primeira actuación, cun importe de 24.500 euros, terá lugar na igrexa de María Auxiliadora o 27 de novembro. Pola súa parte, o espectáculo "Orfeo e Eurídice", que custará 36.000 euros, desenvolverase no Teatro Salesianos e repartirase entre o 2, o 3 e o 4 de decembro con dúas funcións cada día.