Escoitar

O MARCO celebrará o seu quinto aniversario cun maratón de actividades para todos os públicos

O MARCO cumpriu o pasado martes 13 cinco anos dende a súa apertura ao público. Para celebralo, o museo organiza unha programación especial con 34 horas ininterrompidas de actividades para o sábado 17 e o domingo 18.

venres, 16 nov 2007
1195209232provisionaldanza.jpg
Provisional Danza: Os homes tamén moven paredes
O 17 e 18 de novembro ten lugar a festa do quinto aniversario, cun amplo programa de actividades para distintos públicos: programación audiovisual, concertos, DJs, espectáculos de danza, títeres para familias, obradoiros didácticos, accións-performance e visitas guiadas, entre outros eventos.

Para esta ocasión especial, o museo permanecerá aberto ao público durante toda a noite e madrugada da fin de semana: dende as 11.00 horas do sábado ata as 21.00 do domingo. Unha noite branca na que se espera contar coa participación e asistencia de moitos visitantes.
1195209232provisionaldanza.jpg
1195209248tresmarias.jpg
Descargar todas as imaxes