Escoitar

A "XV Bandeira Concello de Vigo" disputarase en augas do Porto de Vigo

O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, acompañado do concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este martes no Concello a "XV Bandeira Concello de Vigo", que se encontra enmarcada na Liga Galega de Traíñas. Este evento terá lugar o domingo 19 de Agosto a partir das 12.00 horas.

martes, 14 ago 2007
1187092770regatatrainas140807.jpg
Segundo salientou o tenente de alcalde, esta Regata de Traíñas é patrocinada polo Concello dende o ano 2000 e significa un evento moi importante para Vigo porque supón un pulo aos deportes náuticos, algo característico da nosa cidade. Ademais disto, representa un apoio para os nosos deportes autóctonos e para o deporte de base, unha das prioridades do Concello.

O tenente de alcalde subliñou a importancia de animar os rapaces e rapazas a que practiquen deporte, e amosou o seu desexo de que no Bicentenario da cidade a ría de Vigo poida contemplar un gran duelo de traíñas.

O presidente do Real Club Náutico de Vigo, Franco Cobas, agradeceu ao Concello a súa colaboración e o seu patrocinio na Regata de Traíñas e brindou o seu apoio para todo o que sexa bo para a cidade e o deporte, como a Universiada ou o gran duelo de traíñas que o tenente alcalde mencionara con anterioridade.

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, quen confesou ser un grande amante deste deporte, amosou a súa preocupación pola traíña de Chapela a pesar de non pertencer ao Concello de Vigo, e salientou a importancia deste Evento para os deportes náuticos.
Descargar todas as imaxes