Escoitar
Santiago Domnínguez anuncia as delegacións das concellerías do BNG

Caballero ofrece aos traballadores municipais o "máximo diálogo"

O novo alcalde, Abel Caballero, mantivo na mañá deste luns unha reunión cos traballadores municipais no Auditorio do Concello. No encontro, Caballero ofreceulles o "máximo diálogo e fluidez na relación".

luns, 18 xuñ 2007
1182171540caballero180607c.jpg
"O meu despacho está aberto a todos os cidadáns e polo tanto a todos os traballadores do Concello", asegurou o novo alcalde. Caballero, quen previamente se reuniu co Comité de Empresa para manifestarlle o seu desexo de colaboración, pediu aos traballadores municipais "un voto de confianza e de entusiasmo" de cara ao mandato que agora comeza.

Entre os obxectivos para este novo período, Caballero mencionou a obtención dunha carta municipal que dote o Concello de Vigo de novas capacidades e competencias.

Reparto de concellerías do BNG

Pola súa parte, o tenente de alcalde, Santiago Domínguez (BNG), anunciou tamén na mañá deste luns o reparto de concellerías entre os representantes do grupo municipal nacionalista.

Así, Xesús López dirixirá Cultura, Festas e Animación Sociocultural e Patrimonio Histórico. Francisco Xabier Alonso será o novo concelleiro de Deportes. Para Iolanda Veloso serán Normalización Lingüística, Mocidade e Igualdade. As concellerías de Industria, Comercio e Turismo e Cascos Históricos serán dirixidas polo propio Santiago Domínguez. María Méndez será a concelleira de Benestar Social, ademais de portavoz do grupo municipal. Francisco Xabier Alonso será o viceportavoz.

Así mesmo, Santiago Domínguez anunciou a creación de dúas comisións de asesoramento do tenente de alcalde, unha formada por axentes económicos e a outra por axentes sociais de Vigo.
1182171540caballero180607c.jpg
1182171571rolda180607c.jpg
Descargar todas as imaxes