Escoitar
Anuncio Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Carral

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de pavimento, a realizar pola empresa ACCIONA, estará pechada ao tráfico a rúa Carral, con acceso exclusivo para garaxes, dende o xoves 8 de marzo de 2007 e por un período aproximado dunha semana. <br />

venres, 2 mar 2007
1172844956carral.jpg
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas García Olloqui (en dobre sentido), Praza de Compostela (en dobre sentido) e Reconquista.

Mentres dure a obra e para garantir o acceso ao Casco Vello, establécese sentido único cara a rúa Carral na rúa Victoria.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Descargar todas as imaxes