Escoitar

O Concello prohibirá realizar obras de canalización na vía pública ata que entre en vigor unha ordenanza reguladora

venres, 16 mar 2001
A Comisión de Goberno acordou ordenar a paralización das obras no centro da cidade e a reposición inmediata do pavimento e dos danos causados nas beirarrúas e espacios públicos, ocasionados polas empresas de servicios de canalización de cable, telefonía e gas.

Non se permitirán iniciar obras noutros lugares da cidade mentres non se aprobe unha ordenanza municipal reguladora.

Só quedan excluídas deste acordo, as obras realizadas por razóns de emerxencia ou por estar promovidas por administracións públicas.