Escoitar
Anuncio Patrimonio Histórico

Cursos de Cestería Tradicional

venres, 1 dec 2006
O Centro de Artesanía Tradicional convoca o seu programa formativo "A Casa do Cesteiro", cursos de cestería tradicional 2007.

A QUEN VAI DIRIXIDO.-
A todas aquelas persoas interesadas en coñecer en profundidade a cestería tradicional galega (con especial atención á fabricada en Vigo en torno a rúa Cesteiros), así como a cesteiros que queran mellorar os seus recursos técnicos.

ONDE SE IMPARTIRÁN OS CURSOS.-
Todos os cursos impartiranse no Centro de Artesanía Tradicional, rúa Subida ao Castelo nº 10.

CANDO COMEZAN.-
O 8 de xaneiro de 2007

CÓMO APUNTARSE.-
Presentando o boletín de inscrición dispoñible no CAT, acompañado dun breve curriculo e memoria (non máis dun folio) na que se faga constar os obxectivos e intereses do alumno no curso. O prazo de inscrición remata o día 20 de decembro de 2006.

SELECCIÓN DO ALUMNADO.-
Como as prazas son limitadas, o CAT fará unha previa selección, tendo en conta en primeiro lugar o curriculo e memoria, e en segundo, a orde de entrega do boletín.
Listado de admitidos
A lista de alumnos admitidos no programa formativo serán exposta no CAT e na WEB www.vigo.org/artesania o día 21 de decembro de 2006.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA.-
Os alumnos admitidos deberan formalizar o pago das tasas de matrícula antes do 4 de xaneiro de 2007, presentando resgardo do mesmo no CAT antes do día 8.


PROGRAMA FORMATIVO 2007
Curso de Cestería Tradicional. 500 h
Nivel 1: Iniciación á técnica da cestería – 50 h
Nivel 2: Especialización en vimbio pelado – 250 h
Nivel 3: Especialización en vimbio con pel – 100 h
Nivel 4: Especialización en madeira fendida – 100 h
Profesor: Antonio Suárez Davila. Mestre Cesteiro
Días e horario: luns, mércores e venres en horario de 9:30 a 13:30 h
Duración: Anual, do 8 de xaneiro ao 21 decembro, excepto os meses de xullo e agosto
Nº máximo de alumnos: 5
Prezo da matrícula: 50 €

Curso en Cestería de Colmo. 500 h
Nivel 1: Iniciación á técnica – 200 h
Nivel 2: Especialización – 300 h
Profesora: María Jesús Barreiro
Días e horario: luns, mércores e venres en horario de 9:30 a 13:30 h
Duración: Anual, do 8 de xaneiro ao 21 decembro, excepto os meses de xullo e agosto
Nº máximo de alumnos: 5
Prezo da matrícula: 50 €

Curso de Cestería Tradicional. 300 h
Nivel 1: Iniciación á técnica da cestería – 25 h
Nivel 2: Fundamentos do vimbio – 175 h
Nivel 3: Fundamentos da madeira fendida – 125 h
Nivel 4: Fundamentos da cestería de colmo – 75 h
Profesora: María Jesús Barreiro
Días e horario: martes e xoves en horario de 16:00 a 20:00h.
Duración: Anual, do 8 de xaneiro ao 29 novembro, excepto os meses de xullo e agosto
Nº máximo de alumnos: 7
Prezo da matrícula: 30 €

Seminario de recuperación de cestería tradicional "Antonio Suárez Davila". 250 h
Só para antigos alumnos da Casa do Cesteiro
Profesor: Antonio Suárez Davila. Mestre Cesteiro
Días e horario: martes e xoves en horario de 9:30 a 13:30h.
Nº máximo de alumnos: 2-3
Gratuíto

PARA MÁIS INFORMACIÓN:

CAT Centro de Artesanía Tradicional
Rúa Subida ao Castelo, 10 36202 VIGO
Tel 986 227 424 / 986 220 758
www.vigo.org/artesania / e-mail: cat@vigo.org
Horario de atención ao público: de 10:00 a 14:00 h de luns a venres