Escoitar
Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico das rúas Sagunto e Aragón

<br /> Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación de losetas en toda a zona peonal do Calvario, a realizar polas empresas Movexvial e Construccións Crespo, estarán pechadas ao tráfico as rúas Sagunto e Aragón no seu cruzamento coa rúa Urzáiz, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes 05 ás 10:00 horas até o luns 11 de decembro de 2006 ás 07.00 horas.

venres, 1 dec 2006
Os desvíos, debidamente sinalizados, establécense polas rúas Burgos e Palencia.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.