Encendido do alumeado do Nadal con máis de 3 millóns de microbombillas nun cento de rúas da cidade
Máis de tres millóns de microbombillas, fíos luminosos, figuras e arcos de ratán iluminan dende este serán un cento de rúas da cidade. Avenidas, prazas, os contornos comerciais (Calvario, Travesas, Casco Vello, Teis, Zona Centro Príncipe, Bouzas), monumentos, edificios, xardineiras e glorietas contan dende hoxe coa iluminación do Nadal que o Concello de Vigo adquiriu nos últimos anos, e á que se incorporan novidades.
Así, no cruce das rúas Colón con García Barbón e Policarpo Sanz instalouse un taboleiro de arame do que colgan 24 bolas de ratán e microbombillas de distintos diámetros e alturas. Na rúa Príncipe, onde o pasado ano instalábase un mar azul de microbombillas, colocáronse este ano 20 meteoritos estrelados, e os xardíns de Policarpo Sanz, Urzaiz e os parterres da Gran Vía (dende praza de España a praza de América) acollen 127 figuras de árbores con tres deseños distintos. O Concello utilizou tamén unha malla de luz para decorar 76 troncos das camelias de Gran Vía, as palmeiras de Concepción Areal e Colón e os oito delfíns da fonte do Areal ("paelleira").
A todas estas novidades hai que engadir o material adquirido polo Concello nos últimos anos, consistente figuras e elementos luminosos de ratán, fío luminoso de led e malla de microbombilla. Este é o segundo ano que o Concello de Vigo se encarga de decorar as rúas e prazas da cidade, xa que en anos anteriores esta labor realizábase a través de convenios cos comerciantes.
Aforro de enerxía
A decoración do Nadal reduce tamén o impacto lumínico ambiental e o custo da factura é de 11.000 euros, unha cifra menor ca outros anos, cando se superaban os 15.000 euros. O baixo consumo das figuras e adornos serve, ademais, para aforrar enerxía.
Polas súas características, o alumeado, que permanecerá encendido ata o vindeiro 7 de xaneiro todos os días, dende as seis do serán ata a tres da madrugada, presenta melloras para os peóns e para a circulación do tráfico, ao estar instalado sobre columnas de alumeado e non colgada das fachadas e sobre a vía.
Por outra banda, o vindeiro 7 de decembro inaugurarase o Belén da Praza de Compostela, que este ano ocupará máis superficie, ao incorporarse novas figuras e elementos, coma a torre do castelo de Herodes, as figuras dos tres reis Magos e unha panadería, entre outros.
Relación de elementos iluminados
A seguinte é a relación dalgunhas rúas, avenidas, prazas e edificios iluminados:
Rúas e Avenidas:
Cervantes, Concepción Areal, Doutor Cadaval, Ecuador, Elduayen, López de Neira, María Berdiales, Montero Ríos, Paseo de Alfonso, Porta do Sol, Príncipe, Progreso, República Arxentina, Ronda de don Bosco, Uruguai, Calvario, Velázquez Moreno, Reconquista, Pablo Morillo, Castelar, Carral, Luis Taboada, Alfonso XIII, Marqués de Valladares, Policarpo Sanz, García Barbón, Colón, Urzaiz, Gran Vía, Venezuela, Camelias, Castelao, López Mora, Pi y Margall, Pizarro, Torrecedeira, Rosalía de Castro, Sanjurjo Badía, Casco Vello...
Prazas
Praza de América, Praza da Constitución, Praza da Princesa, Praza de Compostela, Praza de España, Praza de Urzaiz, Praza da Independencia, Praza do Progreso, Praza do Rei...
Glorietas e Rotondas
Isaac Peral, Rosalía de Castro, Travesía de Vigo-Bos Aires, Isabel a Católica, Hispanidade, Avda. de Citröen-San Andrés, Eugenio Fadrique, Pereiró, Juan XIII, rúa Coruña-Orillamar, Graniteros, en Bouzas, Avda. Castelao, Praza de España, ronda de Beiramar...
Edificios e Monumentos
Alcaldía, Casa das Artes, Universidade Popular, monumento do Sireno, monumento Porta do Atlántico...