Escoitar

Vigo é a única cidade galega con dous vehículos para persoas con movilidade reducida

A alcaldesa, Corina Porro, presentou hoxe xoves o segundo autobús PMR xunto ó Director Xeral de Vitrasa, Juan Carlos Villarino. Este novo vehículo está destinado para persoas con discapacidades físicas e psíquicas que precisan dun transporte especial para desprazarse pola cidade.

xoves, 24 ago 2006
1156421052Corina.JPG
Porro, Coello e Villarino na demostración do autobús PMR
Vitrasa puso en marcha en 1995 un servizo especial "porta a porta" que ten como obxeto facilitar o paso pola cidade as persoas con discapacidades físicas e psíquicas. Este primeiro autoubús, que continúa en funcionamento, ten capacidade para 7 persoas en cadeira de rodas e 5 sentadas. O novo transporte PMR ten capacidade para seis cadeira de rodas e tres asentos cunha lonxitude de 7,7 metros. Éste é un modelo do fabricante IVECO e conta cunha plataforma elevadora na parte traseira que facilita o acceso. Entre as novas características técnicas destacan o sistema de billetaxe electrónico, cambio de marchas automatizado, aire acondicionado e motor Euro 3.

O autobús ten capacidade para seis cadeiras de rodas e tres asentos

O servizo é personalizado como o anterior modelo PMR e o prezo do billete do transporte é gratuíto tanto para as persoas con cadeiras de rodas como para o seu acompañante. Os usuarios para solicitar o uso do transporte teñen que porse en contacto cun responsable da empresa telefónicamente entre as 09:00 da mañá e as 14:00 da tarde, cun mínimo de 24 horas de antelación, sinalando lugar de destino, orixen e horarios de ida e volta. O programa funciona de luns a sábados, polas mañás de 8:00 a 14:00 horas e polas tardes de 16:00 a 20:00 horas.

No primeiro semestre de 2006 o modelo inicial PMR transportou a 2.264 persoas

Entre os meses de xaneiro e xunio do ano 2006 o autobús deu un servicio total de 2.264 usuarios, cunha media de 377 usuarios por mes, así como o recorrido total que fixo en kilometros foi de 17.410, ó redor de 2.900 ó mes.

Viguesa de Transportes S.A intenta favorecer con estas iniciativas a integración social das persoas con discapacidade. A empresa conta con 12 autobuses de rampa manual e en decembro de 2005 presentou 12 máis con rampa eléctrica para facilitar o acceso das persoas que se desprazan en cadeira de rodas. A finais deste ano adquirirá dez novos autobuses con rampa eléctrica. Actualmente 79 vehículos da flota contan por plataformas baixas que favorecen o seu acceso ó interior.

1156421052Corina.JPG
1156421112minusvlido.JPG
1156421152Rampa.JPG
1156421188Bus.JPG
Descargar todas as imaxes