Aprobada a exposición do expediente de contratación dos novos aparcadoiros
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe luns o expediente de contratación da xestión dos seis novos aparcadoiros subterráneos previstos no Areal, Policarpo Sanz, Pintor Colmeiro, Genaro de la Fuente, Rosalía de Castro e a avenida de Castelao. Estes aparcadoiros suporán cerca de 3.000 novas prazas de aparcamento.
Outro expediente de contratación aprobado hoxe luns polo Goberno local é o do concurso para a contratación da instalación, conservación e explotación publicitaria en solo público do termo municipal de marquesiñas, soportes de información e outros elementos urbanos de interese e uso público. Este expediente prevé a instalación en 16 anos de máis de 400 marquesiñas novas en Vigo, co cal a cifra de marquesiñas no concello se elevaría a unhas 600.
Ademais, a Xunta de Goberno deu luz verde á exposición ao público, por un período de 30 días, dos pregos do concurso para a adxudicar a construción e explotación das piscinas cubertas de Florida (Coia) e Barreiro, cun investimento de 5,5 millóns de euros. O Concello cederá os terreos.
Tamén será exposto ao público durante 30 días o prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación da xestión da ORA. Segundo explicou o alcalde accidental, José Manuel Figueroa, o obxectivo principal do Goberno local é garantir a rotación de vehículos, e para iso botará man das novas tecnoloxías. O número de prazas de estacionamento deste servizo mantense en 2.800.
Céspede de Balaídos
Por outra parte, José Manuel Figueroa informou da decisión da Xunta de Goberno de encargar, por 200.000 euros, un novo céspede para o estadio de Balaídos, deteriorado por un fungo e as condicións ambientais dos últimos días. Segundo o alcalde accidental, a colocación do novo céspede iniciarase o mércores e completaríase o 24 ou o 25 de agosto, antes do encontro do 28 entre o Celta e o Barcelona, pertencente á primeira xornada da Liga.
Descargar todas as imaxes