Comeza o III Raid Rías Baixas de Catamaráns a Vela
Os participantes da III Raid Rías Baixas de Catamaráns a Vela comezaron a navegar as augas da ría de Vigo hoxe venres, partindo da praia do Vao nun acto ao que asistiu a concelleira de Turismo, Lucía Molares.
![1151670824catamarans06a3.jpg 1151670824catamarans06a3.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1151670824catamarans06a3.jpg)
Os arenais da praia do Vao viviron estes días un ambiente de luxo coa presencia dos mellores regatistas da clase catamarán, co "clinic" impartido por Mitch Booth, e a chegada do Tiger Nissan-MoviStar, que tripularán Fernando Echavarri e Antón Paz.
Os datos son os mellores expoñentes desta regata, que nesta terceira edición supera a mellor das previsións realizadas o ano pasado. O número de inscritos elevouse a 70 barcos, de 12 modalidades diferentes, con 30 grímpolas de clubes náuticos internacionais e 120 regatistas na auga.
Os favoritos ao podio en praia América, recta final da travesía, son Echavarri e Paz. A súa condición de mellores regatistas do mundo ISAF en 2005, e o seu dominio da clase olímpica que representa os catamaráns fanos líderes indiscutibles da cita na ría de Vigo.
Ao seu lado encontrarán tripulacións como a de Nacho Botas, que foi campión europeo de Fox, o Inmobiliaria Dovhe, patroneado por Ricardo Pérez, ao estar o seu patrón habitual, Ono Núñez, lesionado nun xeonllo, ao igual que Jaime Garcia, que navega co Microsoft e que nesta ocasión será substituido por José Parada.
Candidatos ao podio son tamén o Exact, de Manolo García, o Caixanova de Tono Teixeiro con Jorge Maciel, o Caixa Galicia de Alejandro Lago ou o propio Nissan-MoviStar, de Echavarri e Paz, sen esquecerse do escocés Philip Griffiths, que na segunda edición do Rías Baixas deu a sorpresa e subiu ao podio co seu Flyer Clase A.
O Raid Rías Baixas de Catamaráns a Vela está organizado polo Club Náutico de Panxón. A Concellaría de Turismo e Caixanova son os seus principais mentores, e colaboran coa súa posta en marcha e desenvolvemento Frutas Nieves, Nivea, Coca-Cola e GEFC.
Descargar todas as imaxes