Escoitar

Volve a Vigo o Concurso Hípico Internacional

O Concurso Hípico Internacional celebrarase en Vigo, por quinta edición ,entre os días 10 e 12 de febreiro no recinto feiral de Cotogrande.

xoves, 2 feb 2006
1138888262hipico1.jpg
Sete xinetes dos dez primeiros da clasificación mundial da Copa do Mundo están inscritos para participar na Copa do Mundo de Salto de Obstáculos de Vigo. Na competición participarán representantes de 16 países.

Tres xornadas ecuestres para disfrutar cos mellores xinetes e cabalos do mundo. Paralelamente ao espectáculo deportivo, celébranse unha serie de actividades que complementan o interese e a diversión para o público. O International Horse Show de Lorenzo fará as delicias de maiores e pequenos co seu novo espectáculo, mentres que a exhibición canina e o Gran National de ponis complementarán os espectáculos.

A alcaldesa lembrou, no acto de presentación do Concurso, a longa tradición de Vigo no deporte da hípica. Desde 1910, ano do que consta documentalmente o éxito de público que tiñan os campionatos de saltos que entón celebraranse en Coia, ata hoxe con momentos importantes para este deporte coa celebración do Gran Premio da Copa do Mundo.
Descargar todas as imaxes