Escoitar

Aberto o prazo para inscribirse no concurso de comparsa

A concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo convoca o tradicional concurso de comparsas que se realizará dentro do programa de actividades e espectáculos do Entroido 2006. Neste concurso poderán inscribirse todas aquelas comparsas integradas por un mínimo de 20 persoas.

xoves, 2 feb 2006
1138881267entroido.jpeg
As solicitudes de inscrición poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ata as 13’30 horas do día 15 de febreiro.

Os premios establecidos para o concurso de comparsas serán: primeiro premio: 2.400.-euros; segundo premio: 1.800.-euros; tercer premio:1.200.-euros; premio especial: 600.- euros, á comparsa máis festeira, non acumulable ós premios citados anteriormente; 20 accésit de 600.- euros, cada un deles, non acumulables ós tres primeiros premios. Premio do desfile do "Enterro do Meco": 750.- euros. Outorgaráselle á comparsa mellor caracterizada no desfile do día 1 de marzo de 2006. Para poder optar a este premio, os/as integrantes da comparsa deberán vestir de loito rigoroso, entendendo por tal a utilización de prendas de cor negra ou morada na súa totalidade. En todo caso, será o xurado do concurso o único con capacidade para valorar este aspecto.

O número da orde das comparsas inscritas no desfile asignarase mediante sorteo público, que se realizará o luns, día 20 de febreiro ás 12'00 horas na Casa do Concello, sita na praza do Rei s/n.

A concentración das comparsas inscritas farase na rúa García Barbón (entre a rúa Serafin Avendaño e o nudo de Isaac Peral) o sábado día 25 de febreiro ás 17'00 horas, para comezar o desfile ás 18'00 horas, e que se realizará polas seguintes rúas: García Barbón (dende a rúa Serafín Avendarño, Policarpo Sanz e Porta do Sol (remate).

As carrozas participantes no desfile de comparsas non poderán exceder das seguintes dimensións: longo: 7'00 m ; largo: 3'50 m ; alto: 4'00 m

A cualificación das comparsas concursantes será determinada polo xurado durante o desfile do día 25 de febreiro As comparsas inscritas deberán participar na comitiva do "Enterro do Meco" o día 1 de marzo coa mesma orde de desfile. O horario de concentración neste caso será ás 18'30 horas, para comenzar o desfile ás 19'30 horas. O lugar de concentración e o percorrido do desfile do "Enterro do Meco" serán os mesmos cós do día 25.
Descargar todas as imaxes