Escoitar

Corina Porro inaugura o parque da alameda da rúa Canario

A alcaldesa, Corina Porro, inauguro o mércores o parque da alameda da rúa Canario, un espazo axardinado de 1.375 m2, situado na Dobrada e dotado con mobiliario diverso e zonas de recreo para nenos e maiores.

mércores, 1 feb 2006
1138800435coia02.jpg
A zona de xogos infantís conta con dous bambáns, un xogo múltiplo e dous xogos de resortes, mentres que para os maiores a alameda reserva dúas pistas de petanca e os seguintes elementos de rehabilitación: un xogo de pedais, unha roda xiratoria, unha escaleira de dedos e un módulo de ombreiros.

Á hora de axardinar o parque optouse por plantar 15 árbores. Os arbustos e plantas vivaces que a adornan son 172. Ademais, a alameda ten 415 m2 de céspede e 12 metros lineais de seto.

O mobiliario con que está dotado o parque está composto por 10 bancos, tres mesas, sete papeleiras e un bebedoiro.

As obras na alameda da rúa Canario iniciáronse no pasado mes de novembro e supuxeron un investimento de 53.000 euros.

Nos últimos meses o Concello construíu outros seis novos parques en Vigo: A Zapateira, Fragoso interior, urbanización Reffrey, Pintor Colmeiro, Praza Elíptica e Areal. Ademais, remodeláronse ou ampliáronse outros doce: O Castro, San Andrés de Comesaña, alameda de Andrés Gaos, Eugenio Kraft, Faisán, Zamáns, Candeán, Venezuela, Eugenio Fadrique, Santa Clara, Parque Reyman-Coia e Areal.
Descargar todas as imaxes