Numerosos veciños protestan na praza do Rei contra o asasinato de Águeda González
Un numeroso grupo de veciños e funcionarios do Concello congregouse hoxe xoves na praza do Rei xunto a varios membros da Corporación Local para protestar co seu silencio contra o asasinato de Águeda González, a moza de Baiona cuxo corpo sen vida foi achado o mércores tras a confesión do seu presunto asasino.
Un home de 29 anos confesou onte mércores ante a Garda Civil ser autor da morte de Águeda González Portela, de 21 anos, a moza de Baiona que levaba unha semana desaparecida. O cadáver foi achado o mércores á noite nun pequeno monte dese municipio, nunha zona coñecida como Chan da Lagoa, oculto nunha cova.
Durante unha semana, centos de veciños, axentes das forzas de seguridade con cans adestrados e voluntarios de Protección Civil, reforzados por un helicóptero da Garda Civil, rastrexaron infrutuosamente os montes dunha ampla zona entre Vigo e a fronteira con Portugal.