Lucía Molares presenta os novos cursos do programa de formación para mulleres "Eu tamén sei"
A concelleira da Muller, Lucía Molares, presentou hoxe mércores o segundo cuadrimestre do programa "Eu tamén sei", que pretende impulsar a formación e participación das mulleres a través de cursos prácticos.
Os cursos, de 30 horas, desenvolveranse do 20 de febreiro ao 10 de xuño nos locais das arredor de 50 asociacións de mulleres e vogalías da muller que colaboran co Concello nesta iniciativa. Entre as materias que se impartirán destacan as do campo da saúde, do ioga e o tai-chi ao adestramento da memoria, pasando polo aeróbic e a nutrición.
As mulleres que participen neste segundo cuadrimestre do programa "Eu tamén sei" poderán aprender ademais diferentes clases de manualidades, como a decoración de mobles, o repuxado de metais e a tapicería. Tamén haberá lugar para disciplinas artísticas como a pintura ao óleo e a fotografía en branco e negro, así como para coñecementos tan prácticos como os de electricidade na vivenda e primeiros auxilios no fogar.
A Concellaría da Muller espera que participen nestes cursos 900 mulleres. O único requisito que hai que cumprir para matricularse neles é ser muller maior de idade. A concelleira Lucía Molares mostrou o seu desexo de que esta iniciativa cumpra as expectativas da Concellaría e conte cunha gran participación.
O prazo de inscrición nos cursos do programa "Eu tamén sei" estará aberto ata o 12 de febreiro. Para inscribirse ou obter máis información pódese acudir aos locais das asociacións e vogalías da muller que colaboran nesta iniciativa. Tamén se pode recibir información sobre os cursos na oficina da Concellaría da Muller (teléfono 986 810 284).
Descargar todas as imaxes