A exposición sobre o Titanic levará áncoras o próximo domingo
Aqueles que queiran mergullarse na atmosfera do máis célebre dos trasatlánticos aínda poden facelo achegándose ao Ifevi, que acolle os últimos días da mostra itinerante "Titanic, the exhibition". A exposición, inaugurada o 28 de outubro de 2005, partirá o próximo domingo 15 rumbo a Granada.
En "Titanic, the exhibition" pódense contemplar obxectos do barco e dos pasaxeiros, tales como fotos, cartas, xoias e cadeiras. Algúns destes obxectos foron recuperados do fondo do mar e conservados mediante técnicas avanzadas e outros cedidos polos familiares das vítimas ou dos superviventes.
Por outra parte, a mostra ofrece recreacións das estancias do buque, como os camarotes, comedores ou escaleiras. A exposición complétase co relato da historia do buque, desde a saída ata o naufraxio catro días despois. Esta historia é contada persoalmente a cada visitante por medio de auriculares. En total, a mostra ocupa un espazo de 1.500 metros cadrados.
Despois de deixar Vigo, "Titanic, the exhibition" viaxará por varias cidades europeas. A primeira delas será Granada. En 2012, coincidindo co ano dos seu centenario, a mostra chegará a Londres.
Descargar todas as imaxes