O stand de educación viaria foi o máis visitado da Feira da Infancia e Xuventude
A Concellería de Tráfico, Seguridade e Transportes instalou na Feira da Infancia e Xuventude un parque infantil de 1.000 m2 cun circuíto cos principais sinais para peóns e conductores de bicicletas dentro dun programa de educación viaria que pretende ofrecer unha imaxe agradable da Policía local.
No programa participaron, de forma ininterrompida, rapaces de 4 a 16 anos que recibiron unha charla teórica cun vídeo divulgativo sobre as funcións da Policía local. Repartidos en equipos de traballo, os axentes explicaron os usos dos distintos aparellos que utilizan a cotío como un etilómetro, chips de identificación de cans ou equipos de radiotransmisión.
Dous vehículos patrulla e unha moto de recente adquisición foron instalados para a súa exhibición, ademais dun camión de bombeiros.
As recomendacións para peóns e conductores de bicicletas do vídeo divulgativo de educación viaria foron asimiladas polos rapaces participantes que puxeron en práctica os coñecementos adquiridos mediante un xogo no que se dividiron por equipos (vermello, negro e azul) para realizaren o circuíto de sinais. Ó remate recibiron agasallos da campaña e un diploma acreditativo da súa participación no programa.
Descargar todas as imaxes