Escoitar

O Pleno aproba un convenio con Caixa Galicia para construír un xeriátrico en Barreiro

venres, 28 dec 2001
A Corporación municipal deulle o seu visto e prace á sinatura dun convenio coa Caixa de Aforros de Galicia para que esa entidade constrúa unha residencia xeriátrica nos terreos do antigo cuartel de Barreiro, en Lavadores.

O Concello porá a disposición de Caixa Galicia unha superficie de 6.670 m2 para que constrúa un edificio de catro alturas no que poderán recibir atención especializada ata 130 persos maiores. As mesmas instalacións acollerán un centro de día para anciáns.

Unha das contrapartidas que recibirá o Concello é a posibilidade de dispor do 10% das prazas que se creen. Ademais, a entidade vai facer unha aportación ao Concello de 40 millóns de pesetas para urbanizar a parcela.