O Concello converte o pavillón das Travesas nun parque infantil de Nadal
O Instituto Municipal dos Deportes das Travesas acollerá do 2 ó 6 de xaneiro un parque infantil de Nadal con obradoiros, inchables, xogos, karaoke e actuacións para os máis pequenos. A Concellería de Festas e Animación Sociocultural patrocina estas actividades que serán de entrada gratuíta.
Os talleres de creatividade consistirán en obradoiros de pequenos agasallos, papiroflexia, adornos, postais, trenzas e pulseiras de fíos, dactilopintura e break-dance. Haberá recunchos para os menores de tres anos con xogos populares e outros destinados ós pais con prensa e café.
A casa de pelotas, o futbolín humano, a pista americana, a pista de obstáculos, o tobogán xigante, multiarcos e un circuíto de karts forman parte da lista de actividades de lecer.
O horario do parque infantil será de 17:00 a 20:30, excepto o 5 de xaneiro, que será de 11:00 a 13:00. Tódolos días poderase ensaiar para a gran final do karaoke que se celebrará o 6 de xaneiro e o Carteiro Real estará tódolos días no seu trono para recibir as cartas dos nenos.
Actuacións especiais
Mércores, 2 de xaneiro
18:00 Compañía de monicreques de Pablo Nojes ”Que pasa na praza”
19:30 Bombolocos, a bandiña de Popín (estrea mundial)
Xoves, 3 de xaneiro
18:00 Spaghetti Títeres ”Chímpete, Chámpata”
Venres, 4 de xaneiro
18:00 Pámpano Malabarista
Domingo, 6 de xaneiro
19:30 Bombolocos, a bandiña de Popín
Descargar todas as imaxes