Escoitar

Benestar Social e Cruz Vermella atenderán os sen teito durante a vaga de frío

A Concellería de Benestar Social colabora coa Cruz Vermella ofrecendo dúas unidades móbiles para atender as persoas sen teito durante a vaga de frío destes días. As unidades móbiles repartirán mantas, bebidas quentes e comida. Ademais, os que o desexen recibirán aloxamento.

martes, 1 mar 2005
A Concellería de Benestar Social prepara, en colaboración con Cruz Vermella, un dispositivo de dúas unidades móbiles para atender as persoas sen teito durante a vaga de frío destes días. As unidades móbiles circularán de maneira preferente polas zonas da praza da Princesa, a Alameda e O Berbés, de 22:30 a 01:00.

Os voluntarios e o persoal da Cruz Vermella que atenderán estas unidades facilitarán mantas, café, chocolate, leite quente, bolería e bocatas. Tamén se lles dará aloxamento aos que o desexen. No pasado mes de xaneiro as unidades móbiles realizaron un total de 172 intervencións.